Saltar ao contido

O final do camiño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O final do camiño
Tiposerie de televisión Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticofilme histórico Editar o valor en Wikidata
Lingua orixinallingua castelá e lingua galega Editar o valor en Wikidata
Autoría
Director/aMiguel Alcantud (en) Traducir, Miguel Conde (en) Traducir e Óscar Pedraza Editar o valor en Wikidata
Publicación
País orixeEspaña Editar o valor en Wikidata
Compañía produtoraVoz Audiovisual Editar o valor en Wikidata
Emisora orixinalLa 1 e Televisión de Galicia Editar o valor en Wikidata
Datas
Comezo11 de xaneiro de 2017 Editar o valor en Wikidata
Remate1 de marzo de 2017 Editar o valor en Wikidata
Dimensións
Duración1 hora e 15 minutos Editar o valor en Wikidata
Episodios8 Editar o valor en Wikidata
Tempadas1 Editar o valor en Wikidata
Contacto
RedesIMDB: tt5954824 Filmaffinity: 278531 Editar o valor en Wikidata
Wikidata ]

O final do camiño é unha serie de televisión de Voz Audiovisual para La 1 de TVE[1] e TVG,[2] dirixida por Miguel Alcantud. Está protagonizada por Antonio Velázquez, Asier Etxeandía, Javier Rey, entre outros. A súa estrea foi o 11 de xaneiro de 2017.

Argumento

[editar | editar a fonte]

Ambientada na Galicia no século XI, a serie recrea a construción da catedral de Santiago de Compostela a través das vivencias de tres irmáns afincados na cidade galega. Como contexto, personaxes históricos interveñen tamén na trama, como é o caso do rei Afonso VI de León ou a súa esposa Costanza de Borgoña.[3]

Polémica sobre a historicidade

[editar | editar a fonte]

O catedrático de Xeografía e Historia Daniel López Muñoz puxo de relevo tras a estrea da serie a súa terxiversación e as múltiples inexactitudes históricas, que a xuízo deste supoñen unha "escandalosa ocultación da existencia do reino medieval de Galicia".[4]

Así mesmo, o historiador e crítico literario Francisco Rodríguez Sánchez sinalou as mesmas deficiencias e engadiu:[5]:

"... o que non resulta aceptábel é, con plena conciencia e intención, adaptar o pasado ás conveniencias ou obxectivos que, no presente, teñen os grupos e a ideoloxía dominantes ou os Estados e os seus aparatos propagandísticos [...] a idea que se intenta transmitir é que España, como realidade política, sempre existiu, ou tivo sempre vocación de existencia política, vinculada á idea de reconquista e á relixión católica.

Pola súa banda, o historiador e etnógrafo Xosé María Lema Suárez fíxose eco dos seus colegas e referiuse ás carencias da serie nun artigo publicado co título "A ocultación e marxinación do reino medieval de Galicia vai 'in crescendo' na serie do Final do camiño".

A teleserie tamén recibiu críticas fóra de Galicia por outros motivos,[6] como o tratamento dado aos árabes:

Abusa de estereotipos (no hay árabe bueno) y tiene carencias derivadas de los ajustados presupuestos y licencias que llaman la atención

Tamén se ten sinalado que, na mesma liña de falta de rigor histórico, ao contrario do que acontece na serie, "dona Costanza non era infiel a Afonso VI e este non era un bruto ignorante" ou que "a futura reina Urraca non nacera en 1075".[7] A crítica cinematográfica María José Arias sinalou como principais eivas do capítulo inaugural os "serios probleas coas elipses temporais" e os "buracos de guión, narrativa e desenvolvemento".[8]

Personaxes

[editar | editar a fonte]

1ª tempada

[editar | editar a fonte]

Personaxes principais

[editar | editar a fonte]
Colaboradores especiais
[editar | editar a fonte]

Episodios

[editar | editar a fonte]

Primeira tempada (2017)

[editar | editar a fonte]
Tempada Episodios Estrea Final Audiencia media
Espectadores Cota
1 8 11 de xaneiro de 2017 1 de marzo de 2017 1 392 000 8,4%
N.º
(serie)
N.º
(temp.)
Título Director (es) Data de emisión Audiencia [9]
11 "Bienvenidos a Compostela" Miguel Alcantud11 de xaneiro de 20172 170 000 (13,0%)
22 "Héroes anónimos" Miguel Alcantud18 de xaneiro de 20171 626 000 (9,8%)
33 "Dos días" Óscar Pedraza25 de xaneiro de 20171 312 000 (7,5%)
44 "Rebelión" Óscar Pedraza1 de febreiro de 20171 291 000 (7,8%)
55 "La libertad de los hombres" Miguel Conde8 de febreiro de 20171 303 000 (8,1%)
66 "Libertad" Miguel Conde15 de febreiro de 20171 154 000 (7,1%)
77 "El final de un futuro rey" Miguel Alcantud e Miguel Conde22 de febreiro de 20171 147 000 (7,0%)
88 "La catedral de Santiago" Miguel Alcantud e Miguel Conde1 de marzo de 20171 132 000 (7,1%)
  1. Las aventuras de la serie «El final del camino» llegan mañana a TVE y TVG. La Voz de Galicia. 11 de xaneiro de 2017.
  2. "TVG estrea hoxe a serie 'O final do Camiño'". CRTVG. 11 de xaneiro de 2017. Arquivado dende o orixinal o 13 de xaneiro de 2017. Consultado o 12 de xaneiro de 2017. 
  3. "TVE se aventura en Galicia con El final del camino". El Mundo. 11 de xaneiro de 2017. Consultado o 11 de xaneiro de 2017. 
  4. De novo a ocultación do Reino de Galicia, na serie “El final del Camino / O final do Camiño, Irimia (nº 961, 23-30) de febreiro de 2017.
  5. O final do camiño Arquivado 25 de febreiro de 2017 en Wayback Machine., Terra e Tempo, 24 de xaneiro de 2017.
  6. Natalia Marcos ‘El final del camino’ se queda a medias, El País, 12 de xaneiro de 2017 (en castelán).
  7. Duras críticas á serie El Final del Camino por ocultar e “españolizar” o Reino de Galicia, Historiadegalicia.gal 24 de xaneiro de 2017.
  8. 'El final del camino' tropieza una y otra vez con las mismas piedras, Público, 10 de xaneiro de 2017 (en castelán).
  9. Fórmula TV (ed.). "El final del camino - Audiencias". Kantar Media. Consultado o 2017. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]