Breaking Bad
Breaking Bad é unha serie de televisión estadounidense de crime e drama[1] e comedia negra[2] creada e producida por Vince Gilligan. Emitiuse orixinalmente pola AMC durante cinco tempadas, dende o 20 de xaneiro de 2008, até o 29 de setembro de 2013. Conta a historia de Walter White (Bryan Cranston), un mestre de instituto de química a quen lle diagnostican un cancro de pulmón. Xunto co seu antigo estudante Jesse Pinkman (Aaron Paul), White adopta unha vida de crime, producindo e vendendo metanfetaminas cristalizadas para asegurar o futuro financeiro da súa familia após a súa morte. Breaking Bad está ambientada e foi rodada en Albuquerque, Novo México.
A familia de Walter está formada pola súa muller Skyler (Anna Gunn) e os seus fillos Walter, Jr. (RJ Mitte) e Holly (Elanor Anne Wenrich). A serie tamén conta coa irmá de Skyler Marie Schrader (Betsy Brandt) e o seu home Hank (Dean Norris), un axente da DEA. Walter contrata o avogado Saul Goodman (Bob Odenkirk), que o conecta co investigador privado Mike Ehrmantraut (Jonathan Banks) e con Gus Fring (Giancarlo Esposito). Na tempada 5 introdúcense as personaxes de Todd Alquist (Jesse Plemons) e Lydia Rodarte-Quayle (Laura Fraser).
Breaking Bad está amplamente considerada como unha das mellores series de televisión de tódolos tempos.[3] Emitiuse en galego a través da TVG.[4]
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Bryan Cranston como Walter White
- Anna Gunn como Skyler White
- Aaron Paul como Jesse Pinkman
- Dean Norris como Hank Schrader
- Betsy Brandt como Marie Schrader
- RJ Mitte como Walter White, Jr.
- Bob Odenkirk como Saul Goodman
- Giancarlo Esposito como Gustavo "Gus" Fring
- Jonathan Banks como Mike Ehrmantraut
- Laura Fraser como Lydia Rodarte-Quayle
- Jesse Plemons como Todd Alquist
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Poniewozik, James (21 de xuño de 2010). Time, ed. "Breaking Bad: TV's Best Thriller". Consultado o 5 de novembro de 2013.
- ↑ McFarland, Kevin (6 de agosto de 2013). The A.V. Club, ed. "The Writers' Strike of 2007–08 Changed Breaking Bad for the Better". Consultado o 31 de agosto de 2013.
- ↑ Moore, Frazier (18 de decembro de 2013). "2013 brought surprises, good and bad, to viewers". Associated Press. Arquivado dende o orixinal o 24 de decembro de 2013. Consultado o 24 de decembro de 2013.
- ↑ TVG (ed.). "Breaking bad na TVG". Consultado o 10 de decembro de 2016.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Breaking Bad ![]() |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Breaking Bad na IMDb (en inglés).