Cabaleiros con aquel
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde agosto de 2014.) |
Cabaleiros con aquel | |
---|---|
Tipo | serie de televisión ![]() |
Xénero artístico | telecomedia e serie de televisión de temática LGBTI+ ![]() |
Lingua orixinal | lingua inglesa ![]() |
Autoría | |
Creador/a | Jeremy Dyson (pt) ![]() ![]() |
Director/a | Steve Bendelack (en) ![]() ![]() |
Compositor/a | Joby Talbot (pt) ![]() ![]() |
Actores
| |
Publicación | |
País orixe | Reino Unido ![]() |
Distribuidor/a | Hulu ![]() |
Emisora orixinal | BBC Two ![]() |
Formato de distribución | vídeo baixo demanda ![]() |
Datas | |
Comezo | 11 de xaneiro de 1999 ![]() |
Remate | 31 de outubro de 2002 ![]() |
Dimensións | |
Duración | 30 minutos ![]() |
Episodios | 19 ![]() |
Tempadas | 3 ![]() |
Contacto | |
Páxina WEB | bbc.co.uk… ![]() |
Redes | ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
[ Wikidata ] |
Cabaleiros con aquel[1] foi unha comedia producida pola BBC do ano 1999 e emitida pola TVG no ano 2001 e reemitida no 2006 protagonizada por The league of gentlemen, un cuarteto de humoristas formado en 1995 por Jeremy Dyson, Mark Gatiss, Steve Pemberton e Reece Shearsmith, e que colleron sona con ela.
Argumento
[editar | editar a fonte]Trátase dunha sitcom ambientada nunha pequena vila inglesa do interior. Contén elementos de terror e humor inglés, e segue as vidas de decenas de habitantes bizarros da cidade, interpretados por Gatiss, Pemberton e Shearsmith, usando para iso unha serie de disfraces e maquillaxes. A serie de televisión foi filmada principalmente en Hadfield, pero tamén en Glossop, Gamesley, Marsden, Mottram, Hope Valley (Derbyshire) e Todmorden.
O argumento principal comezaba en torno á construción dunha estrada pola vila de Roston Vasey, pero logo seguía con outros marcos argumentais acerca das relacións entre as distintas personaxes, seguindo a vida dos excéntricos habitantes desta vila, parodiando actos cotiás e mesmo típicas escenas do cinema de terror dos 80.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Ficha da serie en culturagalega.org