Comedia de situación
A comedia de situación (situation comedy ou sitcom en inglés)[1] consiste normalmente nunha serie de televisión con personaxes comúns onde hai unha ou máis historias de humor simuladas en ambientes habituais como familia, grupo de amigos, lugar de traballo...
Orixinalmente gravábanse en fronte dun público en vivo e caracterízanse polos "risos enlatados". A duración habitual dos episodios das comedias de situación acostuma ser arredor dos 30 minutos, para facilitar o seu consumo.
Historia
[editar | editar a fonte]A comedia de situación ten a súa orixe nas radio comedias da época dourada da radio no Reino Unido, mais hoxe é unha peza fundamental da programación televisiva e das emisións nas plataformas de streaming.
A primeira sitcom emitida por televisión é Pinwright's Progress, série de dez episódios transmitidos pela BBC entre 1946 e 1947. Nos Estados Unidos, o diretor e produtor William Asher foi acreditado como o "home que inventou a sitcom", tendo dirixido máis de dúas decenas das principais, incluíndo I Love Lucy a partir da década de 1950 até à década de 1970.[2]
A data de 2006, a sitcom con maior tempo de exposición era a británica Last of the Summer Wine, emitida sen interrupción desde 1973.
Sitcoms galegas
[editar | editar a fonte]En Galicia, a comedia de situación acadou grande éxito desde os anos 1990 coa serie Pratos combinados, emitida pola Televisión de Galicia entre 1995 e 2006. Outras sitcoms galegas destacadas foron Mareas vivas (1998–2002), que mesturaba drama e comedia, Padre Casares (2008–2015), ambientada nunha reitoral rural, e Pepe o inglés (2004–2006).
A maior parte destas producións empregaban a ortofonía estándar do galego (sen gheada, seseo etc.), pero desde Mareas Vivas, na que algúns personaxes falaban unha variante de galego da costa, por suxestión de Federico Pérez,[3] houbo unha incorporación doutras variantes lingüísticas nestas producións..
A data de 2006, a sitcom con maior tempo de emisión era a británica Last of the Summer Wine, emitida sen interrupción desde 1973.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Carvalho, Ulisses Wehby de (2010-06-17). "SITCOM? Qual é o significado e a tradução desse anglicismo?". Tecla SAP (en portugués). Consultado o 2025-05-01.
- ↑ Dalton, Mary M.; Linder, Laura R. (2012-02-01). The Sitcom Reader: America Viewed and Skewed (en inglés). State University of New York Press. ISBN 978-0-7914-8263-6.
- ↑ Nós Televisión (2024-04-13). "Federico Pérez: “Quen prohibe o seseo na televisión, que mire tamén a fonética sen sete vogais”". Consultado o 2025-05-01.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Comedia de situación |